venres, 29 de febreiro de 2008

Trocaríala por un aeroxerador de 125 metros?


Nesta poza, no alto da Gabiñeira, Eurovento quere pór catro aeroxeradores de 125 metros cada un. Para facelo necesita construir unha grande pista para facer a obra e outra, para evacuar a enerxía producida, en cables soterrados. Alguén pode decir sen ruborizarse que isto non vai afectar aos nosos cabalos, que levan miles de anos abeberando na poza da foto?. Unha facada no lombo da Gabiñeira será a causante da ferida que desangará a nosa serra e lle producirá unha morte lenta e doorosa, coma a que os seres vivos que hoxe nos miran dende a foto, non merecen nin nos gostaría que tiveran.
Dende SOS a Serra da Groba queremos convidar a tódalas persoas con algo de sensibilidade para que visiten este lugar e se imaxinen o futuro con ises xigantes de 125 metros. 500 metros máis a esquerda de esta poza, no alto das abrutias, hai unha antena suxeita por cables que se mira dende a estrada, mesmo o chegar ao cume cando subimos dende Baiona. Achegadevos ata alí e botadelle unha ollada a paisaxe. Ao pé da antena, levade a vista a punta máis alta da mesma e imaxinadea 50 metros máis arriba. Isa sería a altura dos muíños de vento que alí queren pór. Isa door que teredes na caluga, espero vos baixe ao peito, aí a carón do fol da sangue que move aos seres que temos iso, corazón e sentimento, folgos para loitar por ista terra, pola vida, a cultura e a paisaxe. !Axudade¡ Acudir ao urro dos que non teñen voz para pedir socorro. Ninguén merece sofrir. Ninguén merece perder aquilo que a natureza tardou tanto en construir. Unha vez desfeito, xa non hai remedio. O progreso non o podemos medir en Kilowatios nen, por suposto, en euros.
¡ NON AO PARQUE EÓLICO!

1 comentario:

  1. Somos duas alumnas do auga da laxe, e estamos traballando as enerxias ,parecenos que é mellor deixar todo como está agora, e non
    por aeroxeneradores.

    ResponderEliminar