
Hoxe toca votar. O exercicio da democracia, que moitos desprezan como si non custara nada conquerir ise direito, que case xa ninguén discute e que libremente exercemos con normalidade.
Que o pobo fale. Despois, que siga a falar e que reclame a execución de tanta promesa feita en campaña, e non se esqueza que os deputados foron postos aí para servir ao pobo que os elixe, e non para gozar dunhas vacacións ben pagadas ou un retiro de ouro.
A tódolos miñorans e as miñoranas, bo día e que gañe a concordia e a liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario