sábado, 26 de abril de 2008

1º SERÁN NA BEIRA DO MAR



Este sábado 26 de marzo celebráse o primeiro serán na beira do mar, organizado pola Asociación Cultural O Ximbaleu.

Dende as 12 da mañan ata que o corpo aguante músicos de moitas partes da provincia van a participar nunha festa popular con música e rítmos da nosa terra. Tamén ao mesmo tempo en Baiona , queiras ou non, vaise escoitar música de Andalucía. Respectando o dereito da xente a facer o que queira, parécenos unha esaxeración esa música polas rúas de Baiona posta a un nivel moi alto que abouxa e aburre por repetitiva. Que cada quen tire as súas conclusións. Tres días de sevillanas en Baiona ou música popular galega polas rúas. Hai sitio para todos, mais cada quen no seu sitio.

Saúde e festa e, tamén, moito sentidiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario