venres, 18 de abril de 2008

¡FIATE E NON CORRAS!






Artigo en La Voz de galicia de hoxe sobre a enerxía nuclear
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/04/18/0003_6743729.htm
Vímolo dicindo en outros apuntamentos do blog: ¡ Non son xente de fiar!. Non é que sexamos desconfiados demais, que non . É a realidade a que quita ou da razóns, e polo que se está a ver nos últimos 60 anos, non son de fiar. Estamos, claro, falando dos empresarios do negocio enerxético, deses que teñen moito interese en "solucionarnos" os problemas que temos co consumo da enerxía e do benestar das familias. Son moitos os casos e, tamén, moitos os anos que levamos vendo como unha e outra vez repitese a historia. Priman os intereses das empresas, os intereses económicos, sobor dos sociais , incluso, os de supervivenvia dos empregados e os veciños ou pobos - niste caso ata se permitirón o "atrevemento" de seguir coas visitas didácticas á central de escolares -. Onde está a humanidade? A onde ímos con xente así? Temos que fiarnos do que nos dín? Quén controla a estes personaxes tan poderosos que poden ata cos gobernos que tentan opoñerselle ?
¡Fíate e non corras!, díciannos de nenos para que aprendéramos a desconfiar e observar ben as cousas e a pensar o que facíamos. Dalgún xeito, estaban a dicirnos que tiñamos que ser críticos, observadores e non dar creto a primeira impresión ou a faciana máis amable das cousas. Non todo é o que parece.
Antes ou despois, todo se sabe. O malo é que as veces xa non hai remedio e cando queremos acordar, xa é demasiado tarde.
Temos na historia recente de Europa, e do mundo en xeral, múltiples exemplos de grandes mentiras disfrazadas de verdade que fixerón moito mal a humanidade e... a historia repítese.
O home seica é o animal que tropeza dúas e máis veces na mesma pedra. ¡Cantos tropezos levamos e non aprendemos!
Agora si, queren arranxar o problema mandando para a casa ao director da central nuclear de Ascó, e eiqui non pasou nada. E, mentres , nenos de seis colexios e entre 700 e 800 persoas están a realizar probas radiolóxicas para ver se están contaminadas.
¡Fíate e non corras! Nós, evidentemente, non nos fiamos. Temos probas máis que suficientes para dubidar . Estamonos a referir, claro, aos plans que teñen os empresarios e algúns políticos para a nosa Serra da Groba. Non é o mesmo, mais cada día parecese máis. A Rede Natura que se marca por certos espazos e non por outros e non se dan explicacións, a falla de catalogación de espazos e bens dompatrimonio,etc.
E si non fora por Greenpeace, chegaríamos a saber algo do que pasou en realidade? E si non fora por SOS a Serra da Groba, alguén decataríase de que hai dosu foxos de lobo e maís de cen puntos de interese arqueolóxico sen catalogar ?
Entendedes agora o encabezamento de este apuntamento?

Ningún comentario:

Publicar un comentario