mércores, 9 de abril de 2008

MÁIS CRUCES EN PERIGO

Seguimos a falar de cruces no noso Val Miñor. Polo de agora só imos pór as que están ou teñen un perigo/os inminente. A ver si co título da película queda algo na memoria do que nos visite e nos axuda a ir mellorando o que poidamos.














A vella Fonte de San Cosme ao pé do río do mesmo nome.

Esta fonte foi estragada e desfeita totalmente. Unha denuncia fixo que o que levara as pedras as repuxera no seu lugar de orixe. Mais, xa vedes en que estado quedou a fonte e os seu vellos compoñentes: Os canos rotos, colocados aos lados da cruz. A pía, totalmente desfeita, está sen repoñer.

Así coidan algúns o patrimonio do Val Miñor - aínda que sexa o patrimonio pobre, é patrimonio e ten un grande valor-.



O Cruceiro da Trinidade.

Esta maginífica xoia do noso patrimonio - cantos concellos desexarían ter unha peza do valor e beleza que ten esta- está nunhas condicións deporables. O paso do tempo e, os aires do mar e os fumes teñen a pedra moi deteriorada. Os liques e as rolas que teñen o seu niño enriba do cruceiro, non lle fan moito ben. Dende eiqui pedimos unha intervención e unha restauración para esa peza tan bela e extraordinaria do noso patrimonio. Mereceo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario