xoves, 3 de abril de 2008














Novas nos xornais de hoxe:

Outra








Para loitar contra a desfeita e a falla de sensibilidade ambiental, deberíase pór como materia obligatoria cando se da licenza para montar unha empresa unhas clases de sostenibilidade, para que ninguén poida argumentar ignorancia e, ao mesmo tempo, conquerir que todos teñamos máis e mellores coñecementos e, si é posible, un maior grao de compromiso con esas pequenas cousas que ata hai pouco tempo desprezamos e que dentro duns anos, botaremos en falla.
Na nova que sae no Faro de hoxe se reflicte o problema que se está a dar por todo o país e que moitos non entenden: si só son unha pedras vellas amoreadas e uns paxariños que nin sequera se ven.



Pedagoxía, moita pedagoxía e, como dicímos sempre, máis sentidiño.

2 comentarios:

  1. As fotos coa rá, unha anduriña e un cuco son para darlle a benvida ao bo tempo e para lembrar que case nenguén se fixa en eles. As anduriñas coma a da foto, son cada día máis escasas e moi dificiles de ver, cando por este tempo hai anos, eran milleiros as que se vían nos cables da luz e nas barreiras a carretar lama para facer os niños.
    O Cuco xa se escoita nas fragas e nas veigas, asexando aos outros paxaros para lles "roubar" o niño. E a rá desta especie, xa non abonda nos humidais. Para nós é un pracer escoitalas cos seus cántigos para aparellar e facer a posta.
    Moitos anos e longa vida para a nosa fauna e a natureza que estamos a estragar.

    ResponderEliminar
  2. Esquecíame da Bubela. Xa pinta polos campos na percura de miñocas. Tamén unha boa sinal de que aínda queda vida ao nos redor. Se estragamos o seu medio tamén vai a desaparecer, indo pouco a pouco a menos. O termómetro da natureza que nos sinala a súa saúde, ben dado, entre outros índices, polos paxaros que habitan unha porción de terra. A maior variedade, máis saúde. Cando hai escaseza, hai que acender as alarmas, algo non vai ben.

    ResponderEliminar