domingo, 6 de abril de 2008

VÍA CRUCES MIÑORÁN

Ímos facer un paseo dominical por algunhas cruces do noso Val Miñor. Dende as máis artísticas as máis humildes e sinxelas. Os cruceiros dos camiños e dos adros, as cruces dos cementerios, dos nosos horreos etc. Esperamos que sexa do gusto dos que nos visiten e que tamén nos aportedes datos para facer un inventario, xa sexa nos comentarios como no correo grobaviva@gmail.com . Grazas.
Hoxe:


Algunhas cruces no Val Miñor que están en perigo




Nas ruínas dun dos muíños da Fraga de Oliveira, esta cruz nunha das pedras do marco da porta de entrada.










Cruces como marcas de termos. Estas son dos Altos de Gondomar, na parroquia de Couso, pertiño da Portavedra.


O que queda dun vello cruceiro situado nunha paraxe espectacular que está entre as Abelosas e a Portavedra, a beira do río, tamén en Gondomar.
















Para finalizar a xeira de hoxe unha cruz máis artística, aínda que do patrimonio tamén popular: O Cruceiro do Loureiro, na antiga verea vella en Sabarís, en situación de perigo "inminente", como na película. Só hai que botar unha ollada ao que lle pasou a casa que estaba detrás e a ponte que hai a uns metros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario