martes, 13 de maio de 2008

O PRIMEIRO CURRO DO ANO

(Pódese premer co rato enriba das fotos para velas mellor)





Pola mañán, as bestas van chegando ao curro








Aló polas 5 da tarde, hai que xotar os animais para o curro pequeno e separar as crías.









Os que mandan, xuntanse para falar como se ha facer o traballo. A veteranía e a xuventude conxugan as súas experiencias para que todo saia ben.










SOS GROBA estivo todo o día presente, dentro e fora do curro.































Este domingo celebrouse o primeiro curro de este ano. Comeza a tempada co curro da Valga. SOS Groba estivo alí compartindo cos propietarios dos cabalos as súas inquedanzas e os temores. Os tempos veñen mal para o cabalo do monte, e parece que ninguén se da por enterado do verdadeiro problema. Nós consideramos que a cousa é ben sinxela, só fai falla un pouco de analise e coñecemento. Ímos por partes.
Problemas:
Disminución do número de propietarios de Cabalos Ceibes da Groba/Valga. Cada día son menos os, imos a chamarlle, arriscados que ousan poseer Cabalos Ceibes. O por que é que ser propietario dun cabalo que nace e se cría ceibo no monte supón uns gastos anuais moi superiores aos posibles beneficios - se os houbera-. Consecuentemente, a xente que tradicionalmente mantivo no monte cabalos, desfaise deles vendendoos, cando atopa quen llos merque, ou suministrando carne para os matadoiros de bestas.
Disminución do número de animais. Unha cousa leva a outra, evidente. Tamén hai que salientar que se pretende burocratizar unha tradición milenaria, convertendoa nun feito mercantil produtivo que non é tal. Esto é o que aínda as nosas autoridades non entenderon e que, polo que se ve, imos ter que explicarlles unha vez máis.
Onde radica a falla de entendemento? Parece ser que as normativas europeas cada vez son máis esixentes cando do que se trata e do manexo de animais, venda , cría e transformación en produtos cárnicos. Parecenos ben. Agora si, os nosos cabalos non son animais domésticos nin son animais criados para sacar rendementos económicos ( aínda que poda haber algún tipo de comercio moi básico e e non especialmente lucrativo). Pretender darlle o mesmo tratamento a un cabalo ceibe do monte como se lle da a unha vaca ou unha ovella, non é correcto.
Implantación de micro chip e anel identificativo. Parece unha mala broma se non fora verdade. Como se lle vai pór a un animal salvaxe un micro chip e unha anel. Para qué? . Segundo a administracción, para o seu control e rexistro. Os cabalos ceibes da Groba teñen todos a súa marca na anca dereita ( dende o primeiro curro do ano, os animais que naceron e van a seguir pastando na Groba son marcados polos seus propietarios, e esa marca non se borra con nada) e estan rexistrados no libro da asociación de propietarios. En cada curro controlase cada animal e sanease. A administración podería axudar nesta labor e , dadas as circunstancias e a historia, axudar a que non se perda a tradición e colaborar cos propietarios, agora que aínda estamos a tempo.
Por que os priopietarios son reacios a identificar os animais dun xeito distinto ao tradicional. Son varios os motivos: primeiro, por que todo ese novo proceso non o ven necesario. Segundo, por que sería costoso, e vendría a supor un gasto engadido máis a sumar a un labor xa de por si que non reporta beneficio económico. Terceiro, implicaría ter que adicarlle máis horas aos animais, horas que fora dos curros ordinarios e a vixiancia tradicional, que se fai en días de festa ou domingos - a xente non vive de esta labor como queda explicado- suporía perder horas de traballo ou non se poderían levar a cabo por imposibilidade material.
Non se pode ver esta tradición como un labor gandeiro ao uso. Os curros son manexo de animais salvaxes, que viven ceibos, e que hai que loitar para que así siga sendo. Hai que crear unha figura nova na lei, que protexa este costume, uso ou tradición. Que regule a raza e pureza de sangue ( é un tema a tratar de vagar), o saneamento e o comercio con animais procedentes do monte. Hai que protexer o Cabalo Ceibe da Groba, e axudar aos propietarios para que manteñan viva a tradición e a un animal que, como outros, están regulados e son protexidos. (touros de lidia, oso pardo, pita do monte, lobo, lontra, etc). Cada cousa no seu sitio e con un riguroso analise da situación actual e perspectivas para o futuro.
Polo de agora para nós é vital, e aí estaremos, defender ao Cabalo Ceibe da Groba, e aos arriscados que os manteñen.
Parabéns aos amigos do cabalo e, a todos, o noso alento e as nosas mans para levar adiante esa tarefa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario