luns, 26 de maio de 2008

VENTO EN POPA








Moitas novas temos deste domingo. Por unha banda as que aparecereon no xornal La Voz de Galicia sobre o negocio eólico. Unha moi boa explicación de como funciona un aeroxerador e os seus custos de montaxe e os beneficios que produce. Xa non somos nós sós os que falamos de que os pior parados seguen a ser os propietarios dos montes ou terreos nos que se instalan. Nun negocio tan lucrativo segue a ser perdedor o paisano, o pobo, a xente do común. Este non deixa de ser un grande negocio para empresas que tiran grandes beneficios e, por moita propaganda e veces que o diga o sr. Conselleiro de Industria, non é suficiente esa miseria que se paga aos propietarios da terra e case nada aos milleiros de galegos que perdemos a paisaxe, os ecosistemas e o dereito a ver monte onde sempre houbo monte. Todo o demáis son ganas de enlear e privilexios para os de sempre. A enerxía é necesaria, sí. O consumo cada vez é maior, sí. Mais, a solución non está en producir máis a calquera prezo, se non en optimizar e reducir consumos, en favorecer a xeración doméstica e as vivendas autosuficentes, pero de verdade e non só en publicidade de campañas que non levan a ningures.
Leede as novas da prensa e... vos mesmos.
Outra co vento coo protagonísta
ONTE MANIFESTACIÓN EN VIGO DA RÍA NON SE VENDE












SOS a Serra da Groba estivo onte na manifestación da Ría non se Vende en Vigo, apoiando aos compañeiros que estan a loitar por conservar e protexer a ría e os seus ecosistemas.


Nos xornais de hoxe podemos comprobar como a nova é tratada de moi distinto xeito. O xornal Faro de Vigo fai unha lectura vergoñenta do que sucedeu, mal informando e ignorando datos que calquera pode comprobar se ten o mínimo interese en coñecer. Fala de mil manifestantes. Cando a manifestación chegou a Praza da Industria, despois de percorrer toda a rúa de Torrecedeira, calquera que se atopara no lugar poido comprobar a grande cantidade de xente que seguía o grande paseo reivindicativo que supuxo a manifestación. xa sabemos de que pé coxea este xornal, e cada día entendemos mellor por que Vigo ten os males ou desgrazas que ten. Son os cidadáns de Vigo os que teñen que valorar que cidade e futuro queren, evidentemente, mais polo de agora, a mentira non pode ser nunca o chanzo primeiro para escomenzar a entrada nun futuro mellor.






A nosa valoración é a dun día fermoso e cunha grande participación, que aínda que podería ser maior, foi siñificativa e cualitativamente moi importante. Apoiamos integramente o manifesto que leeron os compañeiros/as e sumamos os nosos esforzos para acadar un Vigo e unha ría mellor. Que non esquezan os vigueses que a ría non é só Vigo, hai moito máis desta e da outra banda da ría, e un bo exemplo tivémolo onte.

Goberne quen goberne a ría non se vende.












Ningún comentario:

Publicar un comentario