martes, 10 de xuño de 2008

ACCIDENTES



http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/06/10/0003_6892941.htm
Os accidentes están sendo, cada día que pasa, máis comúns e supoñen un perigo e un dos problemas cos que se teñen que enfrentar os propietarios dos cabalos ceibos.
As pistas, as estradas e o maior número de vehículos transitando perto ou por os lugares onde pastan e viven os nosos cabalos ceibos, son algunhas das causas de que nas estatísticas anuais aparezan máis accidentes cos cabalos como protagonístas involuntarios.
Como temos dito en outros apuntamentos, os lumes do veran do 2006 que deixaron sen pasto aos animais, tamén influe moito en que as mandas se veñan a lugares máis próximos as casas e as estradas.
A urbanización do monte, a instalación e creación de novas infraestruturas en lugares onde, hoxe case inaccesibles para os vehículos, nunca houbo atrancos para que os cabalos pastasen ceibos, supón unha grande pexa para que as mandas ceibes fagan o que fixeron sempre, percorrer os cumes e as penichairas nos seus cíclicos paseos de pacer, que poderíamos dicír.
Son os débiles os que necesitan protección. Neste caso non é o automóbil o que necesita a nosa axuda e protección. Aínda que o protagonísta da nova que recollemos do xornal La Voz de Galicia, se atopara nun lugar algo afastado da nosa Serra da Groba, servenos para facer a reflexión sobre un dos perigos e problemas cos que se atopan , máis frecuentemente do que fora desexable, os nosos propietarios de cabalos ceibos.
Para rematar, só lembrar que a instalación do parque eólico na Serra da Groba, vai a supor algo moi pareccido o que supuxo a construcción das instalacións da Universidade de Vigo nos campos da Lagoa. O monte é monte e non podemos nin debemos botar del aos seus lexítimos habitantes. Todo o que pase despois, e consecuencia dos erros que se cometen en nome do progreso. No século pasado tivemos moitos exemplos que agora, xa no século XXI ímos ir pagando pouco a pouco, mal que nos pese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario