luns, 9 de xuño de 2008

DE ONTE E HOXE

































O MUNDO DO NEGOCIO EÓLICO MÓVESE
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008060900_10_232458__Economia-adquiere-operador-energia-eolica-Urvasco-Energia

NOVAS NA PENEIRA
http://www.apeneira.com/seccion/defioafondo/defioafondo_trece.php

O CURRO DE MOUGÁS
http://mas.farodevigo.es/galeria/

Onte estivemos no curro de Mougás. Moita xente e moitos cabalos entraron no curro. Habería uns 600 animais que deixaron moitas estampas de fermoso feitío. Cada día certíficase máis a nosa idea de que esta tradición ancestral pode ser unha boa fonte de iniciativas para pór en valor a serra. Unha vez máis poidemos comprobar como os propietarios dos cabalos se esforzan por que esta tradición non morra e, con moito traballo e sacrificio, loitan por manter os animais no monte. Poidemos tamén escoitar as queixas e os temores. Achegámonos aos máis vellos -neles está a sabiduría e a caixa que garda a verdadeira tradición, o tesouro do noso patrimonio senlleiro- para falar con eles e inquerir sobre como ven a situación. Reconfórtanos, e dános pulos e folgos para seguir e coller a testemuña, o falar con homes como Cosme de Belesar, 84 anos, que paseando entre a grea vai asexando por riba das cabezas das "burras", buscando nos cuartos traseiros os marcos, ollando os poldros e relembrando o pasado. Él seguirá mentres o corpo aguante e a súa economía llo permita, aínda que e consciente dos perigos que se veñen enriba. Palabras súas: "non se pode pechar todo o monte e deixar aos animais que estaban aí antes que nós, sen pasto, sen lugares para manterse. Estamos de acordo en que hai que repoboar o monte, plantar, pero non todo xunto e fechar quilometros de monte sen deixar case nada para os animais. Habería que fechar cada ano unha parte do monte, para ir abrindo e fechando segundo fosen crecendo as árbores. Habería monte para todos e non teríamos o perigo de que algún cabreado ou inconsciente lle plante lume outra vez". Estas e outras moitas, foron palabras sabias de vello, que nos compartímos .
Escoitar aos nosos maiores que saben. Eles, os que saben, tamén escoitan e deixan falar. Diálogo, analise, diagnose e conclusións. Todo eso é o que nos espera e o que nós propómos. Polo de agora: grazas aos homes como Cosme que sen pedir nada co seu exemplo nos dan moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario