xoves, 26 de xuño de 2008

É O CABALO CEIBE?
















NOVAS NO XORNAL EL PAÍS


No xornal El País de hoxe vemos dúas novas que teñen que ver coa nosa problematica.
Na primeira aparece unha nova que fai referencia a protección do lobo como Patrimonio Galego. Os que nos seguides xa coñecedes a nosa opinión sobre a protección do ecosistema, animais, prantas e patrimonio inmaterial e arqueolóxico.
O Cabalo Ceibe Galego, os cabalos galicianos, os Garranos, as burras do monte xa mencionadas polos cronistas romanos cando chegaron ás nosas terras, están hoxe en perigo de extinción, e son un patrimonio natural e cultural cunha raza nosa, o cabalo de pura raza galega.
Nunha proposta que temos para a Serra da Groba está a da protección do Cabalo Ceibe. A creación dunha figura de protección que axude a que non desapareza dos nosos montes.
Hoxe vemos como, cun animal como é o lobo, se crea esa figura e se pretende a súa protección integral, axudando en todos os ámbetos nos que sexa necesario.
Alédanos ese interese pola defensa do noso patrimonio natural e cultural. Agora tócanos a nós mover ficha e propor que se faga o mesmo co noso Cabalo Ceibe da Groba. Os nosos cabalos non van ser menos que o lobo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario