luns, 28 de xullo de 2008

DATOS PARA UN DEBATE

No xornal El País de hoxe luns, aparece un extenso
artigo sobre a enerxía nuclear e o debate sobre si España debe iniciar a construcción de novas centrais ou ampliar o periodo de vida das existentes.
O tema da producción de enerxía e, dicímolo nós, do consumo, é fundamental para construir un futuro mellor para todos. Deixarse levar, como anteriormente se fixo, por criterios estrictamente económicos e a medio prazo, é pan para hoxe e fame para mañán.
Xa vai sendo hora de que se fagan plantexamentos do século XXI e non do XX, nos que prima o desenrolismo e o consumo sobre a sustentabilidade e o equilibrio, nun mundo no que algúns seguen empeñados en globalizar a probeza e a fame, para facer aos ricos máis ricos e aos pobres máis pobres.
Paga a pena leer o artigo completo e comentar os datos e encetar xa o debate.

Ningún comentario:

Publicar un comentario