martes, 19 de agosto de 2008

!CORRE CORRE QUE NON CHEGAMOS¡

Seica lle entrou a presa e teñen medo de non chegar a tempo. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Quintana/anuncia/nombre/BNG/medidas/Xunta/crisis/elpepuespgal/20080819elpgal_4/Tes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pensar/urnas/elpepiautgal/20080819elpgal_3/Tes Parece que para algunhas cousas si se poden acelerar os prazos e adiantar fechas. Para outras, pola contra, hai que seguir a esperar anos e rematanse tarde mal e nunca, como se soe dicír. O grande pastel das Eólicas e moito pastel como para agardar a seguinte lexislatura para facer o reparto, non vaia ser que os equilibrios parlamentarios sexan outros, e lles toque aos compañeiros de viaxe cortar a cinta e entregar os cartafoles con tan valiosos documentos. Son moitos euros e, consecuentemente, moito poder, moitos cromos para trocar e completar o albúm que sempre quixeron ter. Como cando eramos nenos e tiñamos ise cromo que tanto escaseaba e poucos podían ter. Podíamos pedir por el case medio albúm enteiro. O desexado valía moito. Gustaríanos ver como se dan tamén presa para arranxar o problema da Sanidade, da Pesca, da Educación e das responsabilidades ante as atrocidades urbanísticas que se levan facendo os 20 últimos anos. Aí non paga ninguén. Minto. Si, sempre paga o mesmo : pagamos todos. A cidadanía ten que reaccionar e responder ante tanto atropelo. Só se fan as cousas aos ritmos que convén aos políticos. Tódolos políticos, sen distinción de cor. Paga a pena dar un voto a aqueles que ano tras ano seguen a defraudar ao pobo que os pon aí para que defendan a construcción dun mundo menos corrupto e máis acorde cos intereses de todos?. Paga a pena seguir creendo que hai alternativa cando os emigrantes seguen votando aínda estando mortos, ou votan por eles os axentes electorais dos diversos partidos? Paga a pena que votemos para ver como os políticos acomodan as súas familias e amigos, dan prebendas e adxudican obras, aínda estando logo suxeitas a condenas que as anulan e non pasa nada? E aínda algún se atreve a dicír en público que está disposto a publicar a lista de políticos que deron licenzas que logo foron anuladas. Como si non fora a súa obrigación e a do fiscal a de actuar de ofico xa. Plano acuícola, plano eólico, rede natura, plan de portos e do litoral, plan da mineiría... que país pretenden deixar aos nos fillos? !Corre Carmela que chove¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario