domingo, 24 de agosto de 2008
TI FAI QUE EU DESFAGO
NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/08/24/0003_7084659.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/08/24/0003_7084660.htm
Xa está o circo montado.
Si o próximo xoves se adiantan as eleccións, os intereses do pobo, o traballo para e por o pobo, non vai a contar nada. O único que interesa é sacar proveito da coxuntura e tentar ganar votos - ou perder os menos posibles- antes de que o barco comece a afundir nas augas revoltas da crise.
Onde queda todo o prometido e non feito?
Onde queda a dignidade dunha clase política que pide a cidadanía o que ela non ten nin amosa por ningures?.
!Que morro teñen¡ Uns e outros.
O que fai falla neste país é unha grande maioría de voto en branco cunha palabra escrita en bermello:! NOXO¡
¡Xa abonda! Señor fiscal xefe: traballe e pida contas. Meta no carcere a esa gran manda de embusteiros que prometen e fan o que queren co que é de todos, sen cortarse nada. Saque de hemeroteca e de programas, gravacións e declaracións, actas... e escoite a cidadanía que pide xustiza e que se cumpra o que dí a cosntitución: iguais ante a lei. E dicímos nós: e responsabeis ante as accións e omisións.
Limpeza. Fai falla limpeza, moral e ética para devolverlle a este país o dereito a creer na xustiza e en quen goberna. Na democracia que non se ve, aínda que tanto se fale dela.
¡Ale! tranquiliños todos que como nos convén ímos mandar unhas eleccións para o outono, non vai ser que a costa de xaneiro sexa máis costa do que adoita e chegue a xuño e nos mande ao carallo a todos.
E mentres, o vento zoa na Groba entre o lusco e fusco dun día irrepetible, deixando chegar a lúa por riba do Galiñeiro, con unha amósega máis no calendario. Os poemas irrepetibeis da paisaxe vivida fican xa escritos no libro sen páxinas das lembranzas.
Saúde compañeiros/as.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario