Hai que ler a nova que sae este domingo no xornal La Voz de Galicia para entender o encabezamento de iste apuntamento.
Está claro que hai moito do que apuntamos, no negocio eólico.
PRIMAS: O resultado dun xeito de proceder que beneficia aos que máis teñen ( e máis queren ter). Iso de axudar á producción cunha axuda por Kilowatio producido o que fai, e está demostrado, é favorecer a especulación e o trafego de accións dentro dun sistema pernicioso e fagocitador, que ao común dos veciños non lle deixa nen mellor servizo nin máis barato.
CUÑADOS: Son, en xenerico, os beneficiados polas concesións e prevendas. Os actores privilexiados dun circo montado cos números moi ben preparados para que sexan os que trunfen, aqueles que se agochan trala pintura na faciana duns paiasos falsos. Máis falsos que as verdades das promesas de Aznar e as armas de Sadam.
EVACUACIÓN: Ciscarse, cagarse... Non queda fino pero son sinónimos que, está claro, cando falamos de enerxía significa canles de transporte da enerxía dende o lugar de produción aos lugares de distribucción e consumo. Mais, visto o visto, parece que algún dos sinónimos da palabra, tan utilizada en todo o proceso e, polo que se di no artigo , non se está a ter en conta o suficiente nen se está informando a xente ne aos afectados das obras necesarias para poder efectuala.
Mentres, os afectados, teóricos beneficiados diste proceso, seguimos a pensar que todo é unha grande falsedade que antes ou despois, vai a reventar, igual que lle pasou a economía americana e as súa hipotecas e grandes bancos.
Todo está construído sen o sentido racional e o principio de sustentabilidade. Falar de que se limita a producción de enerxía solar por custións de primas, a nós sóanos como si se limitase por cuestións de cuñados ou calquera outro sinónimo de evacuación. Falso e hipócrita.
Claro, se non hai negocio non interesa. O demáis, tanto ten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario