Segundo o xornal La Región, son 997 as peticións para a instalación de novos parques eólicos e só unhas 75 as que se concederán.
Podemos ver na nova do xornal ourensán, como case non hai concello que teña montana que fique sen peticións para a instalación dos novos parques.
É a provincia de Ourense unha das que máis monte ten, e espazos onde aínda se conserva a natureza con unha grande riqueza de fauna e flora. Moito nos tememos que os grandes poderes económicos e empresariais van a levar a estes espazos a desaparición de parte do seu valor, coa perda de especies moi sensibles, tanto animais como vexetais, que necesitan afastarse do home e as súas obras.
Se, ao remate, o diñeiro pode co senso de conservación e protección, que creemos debe prevalecer, confirmarase o que vímos denunciando dende hai tempo: sobran políticos e leis, e falla cordura e sensibilidade. Parece que o coñecemento e o analise do que ten pasado noutras partes do mundo, non chega e non nos fai parar o viaxe arrasador dun mal entendido progreso.
Dende SOS a Serra da Groba, seguimos traballando para que se poña remedio a tempo a tanta ineptitude e se racionalicen as accións.
Un detalle a ter en conta, é o do apuntamento do artigo sobre as peticións dos concellos de Carballeda de Avia e O Riós para instalar pequenos parques para o aproveitamento por os propios concellos. A ver si se lles conceden. Aí está a clave do que debería ser o desenrolo do decreto eólico e as posibilidades para mellorar a eficiencia dos concellos e de tódolos pobos no tema enerxético e ecolóxico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario