domingo, 12 de outubro de 2008

SEMENTAR PARA RECOLLER

Rompendo unha norma non escrita, pero que estamos tentando respectar, de non aparecer directamente no blog, hoxe pómos a foto que aparece na Voz de Galicia e o comentario de Soledad Antón.
A defensa e posta en valor do noso patrimonio é un dos eixos fundamentais do noso traballo colectivo. A Serra da Groba, como se demostrou no outono do ano 2006, é un regulador que ten que ver con tódolos que vivímos no Val Miñor. A Serra nace no mar e sube ata chegar ao cume máis outo, aló máis perto das nubes. As xentes que estamos en SOS a Serra da Groba traballamos para que o equilibro que se necesita entre mar e serra, home e natureza, se manteña e a grande riqueza que atesouramos sexa un ben público e coñecido de todos. Para respectar hai que coñecer. Neso estamos.
Hoxe pomos no apuntamento a Xosé Lois Vilar como un exemplo de entrega e traballo. Os esforzos e o traballo que iste home está a facer polo noso patrimonio e a súa divulgación, estan pasando as fronteiras e chegando a milleiros de recantos do mundo enteiro, onde é recoñecido e valorado. Cousa que non ocorre máis perto, sobor de todo nalgúns círculos nos que se confunde meritos e traballo, con outras cousas nas que non ímos a entrar.
Un pobo que non respecta o seu e non o valora tende a desaparecer.
Mentres, os que traballan de verdade, non se paran e producen xoias como a que nestes días puxeron nas nosas mans. Iste libro de Talaxonimia é unha verdadeira xoia que ten dentro moitos quilates e que, como as boas obras, vai a ser moito máis valorada co paso do tempo.
Parabéns a Xosé Lois e a toda a xente que menciona no seu libro. A Roberto, que continúe e non se deixe levar polo desánimo. A Rosana, mil bicos e o noso agradecemento pola grande labor que fai na sombra. Xa sabemos do dito que tras dun grande home hai sempre unha grande muller. Niste caso, non é que se cumpra, e que está por diante e por detrás. Parabén a todos e moitas grazas pola vosa entrega e pola sementeira. A colleita a ser vizosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario