NOVAS NA PRENSA
Despois de ler a prensa iste días, a un quedalle a impresión de que se está a xogar co patrimonio de todos sen deixarnos participar ou opinar no xogo.
Os intereses das compañías e empresas parece que estan por riba dos das persoas e os dos pobos. Podese comprobar co que está a suceder nos Estados Unidos de America e nalgúns países de Europa . Axudase aos máis ricos e, coma sempre, perden os máis pobres.
No debate do Estado da nación de onte, poidemos escoitar aos nosos representantes no Parlamento de Galicia tirandose pedriñas como si fosen nenos pequenos, tentando averiguar quen é o máis guapo ou o máis valente. Mentres, a realidade e os problemas da xente seguen sen resolverse e producindo cada vez máis incerteza.
Falouse do "grande negocio" que vai supor para o País o desenrolo do Decreto Eólico, e ninguén se pregunta como vai a ser a paisaxe e o territorio despois de tan grande operación de cirurxía que se lle quere facer ao noso medio. Só se fala de euros, de diñeiro e de poder, PODER. Si, mellor con maísculas para enfatizar a raigame do verdadeiro problema. Mire por onde se mire, aí está o tintimán do choio.
Mentres, segue o xogo e os que non fomos convidados a xogar, temos cada vez máis a certeza de que imos gañar pouco e, posiblemente, só perder. Como os siareiros dun equipo calquera, xogan os xogadores e sinten que gañan ou perden todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario