luns, 29 de decembro de 2008

AGRACIADOS E CABREADOS

Chegou a maré de artigos, comentarios e novas despois da resolución do concurso eólico. Como era de esperar non todos saíron contentos nin se resolveron alguns dos temas que seica ía resolver o concurso apañado pola Consellería de Industria, segundo a oposición, e algún medio de comunicación que parece que se xogaba moito no tema, polos comentarios que leva facendo e o moito lume que está a prender con incendiarios comentarios. As Caixas Galegas estan a frotar as mans pois son as máis favorecidas. A moitos empresarios tocoulles a lotería e a outros nin xiquera a pedrea. E ao pobo galego e os propietarios dos montes?. Segundo o conselleiro, tamén. Imos a repartir unha porcentaxe dos beneficios que vai a redundar na mellora dos nosos montes e a calidade das redes electricas, por exemplo. Son palabras que aínda que chegasen a ser certas, non deixan de ser o reparto das migallas dun grande pastel que van a comer os mesmos de sempre. A diferencia co anterior goberno e notabel, pero non abonda para xustificar unha opercación que podía ter sido feita con garantías e avais para todos, na que o pobo galego podía ter ganado moito e podía ter posto unha punta na vangarda dun novo tempo, dunha nova era, nun xeito máis racional e sustentable de explotar os nosos recursos . Agora seica van facer o plan sectorial. É dicir, facemos o tellado e despois pomos os alicerces e as placas para sustentalo. Como dician os vellos , mandamos o carro antes que os bois. Mentres, moitos pobos galegos seguen sen potencia electrica e sen rede telefonica de banda ancha para afrontar os retos do futuro. Agora ben, ao seu caron as tarabelas e as centrais producen enerxía para mandar para outros lugares que medran e se enriquecen. Así non, señor conselleiro. Así non. Diga o quediga fixoo vostede mal. Poido gañar alguns amigos - que non fidelidades- de viaxe curto, mais o pobo galego estragou unha das oportunidades máis importantes da súa historia moderna. Tempo ao tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario