martes, 2 de decembro de 2008

¡ XA ESTÁ BEN!

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=371158 Nadie quere entrar directamente no negocio das eólicas? Non parece, polo que se leva escrito e dito, que sexa moi certo. Tódalas grandes empresas do país e do extranxeiro, directa ou indirectamente, están interesadas ou teñen participacións en grupos que optan a concesións. Algunhas das empresas están en varias peticións a un tempo. Xogan a dúas bandas con empresas e participacións varias, para tentar meterlle o dente a un negocio moi lucrativo para elas, non tanto, para os propietarios da terra e o propio país, por moito que se diga que o sistema ten mellorado,- é certo-, mais non é suficiente. Na prensa de hoxe temos unha boa mostra do que é o negocio e as carencias que prestan no servizo aos cidadáns. Neva un pouco, e un feixe de pobos fican sen servizo electríco por máis de 48 horas sen que se lles de unha solución. Seguramente, moi perto, as tarabelas das eólicas producen milleiros de euros para a mesma empresa ou outra participada. Outra nova. As autopistas galegas pasan a ser dun grupo dos EEUU, Citigrup, que está intervido polo goberno do seu país. Na radio escoitamos ao seu representante en España, dicindo que van a cumprir os seus compromisos con Galiza si o estado lles garante recuperar a inversión. Está claro, nós pagamos dobre e iles ganan triple. O pobo sempre paga. Con diñeiro ou con calidade deficiente de servizos, e iles, con crise ou sin ela, sempre ganan. ¡ Xa está ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario