venres, 2 de xaneiro de 2009
MEDIR AS PALABRAS E O TEMPO PERDIDO
Na prensa de onte e na de hoxe - e probablemente na dos próximos meses- veñen opinións e comentarios sobre o famoso concurso eólico. Todo o mundo ten dereito a opinar evidentemente. Agora ben, cando os que opinan son os políticos, que exercen ise mesmo dereito que temos todos, deberían medir ben as súas palabras e o que dín, por que corren o perigo de botar contra deles mesmos o seu discurso, ao contradecir o que levan dicindo e defendendo dende anos.
Xa sabemos que podemos recurrir e utilizar tódalas canles que a lei nos permite, aínda que dubidemos da efectividade dises recursos que, en moitos casos, se converten en papel para encher arquivos e papeleiras. O que xa non nos parece tambén é que o señor vicepresidente nos trate de parvos ou tontos, e con algunhas obviedades reiteradas no seu discurso, tente lavarse a cara e a responsabilidade e enganar ao seu electorado, digo ben ao seu electorado, non ao posible votante que non sabe a quen vai votar o día un de marzo.
Os que apostamos por un cambio na Galiza, por unha hixiene política máis aló da era Fraga, vemos como as palabaras e as promesas son iso, nada máis que iso e algunha acción de goberno que non podemos negar, mais que ficou moi lonxe das expectativas da maioría ilusionada que afrontaba unha nova lexislatura con grandes esperanzas. Chegados a iste punto, ao da acción da Consellería de Industria e o seu plan a prol de Galiza co decreto eólico, non valen agora mentiras e medias verdades par xustificar o que o tempo e os acontecementos, cada día que pasa, nos dín que é un fracaso. É un fracaso por que gañan os de sempre e perde pobo. As migallas das que fala o señor Quintana eo señor Blanco non son nada máis que iso, migallas. A aposta pola enerxía eólica estaría ben si se fixera como un país moderno que apostase polo futuro, proxectando primeiro e despois construíndo. Repotenciando en primeiro lugar, ordenando o territorio despois, Rede Natura e Plan Sectorial para decidir que é o que cabe, onde e como, sin destruir outro moito patrimonio que temos aí e que necesitamos e necesitaremso, cada vez máis, no futuro.
Que non insinúe o señor Quintana que non apostamos pola enerxías renovables. Renovables si, pero non a calqueira prezo.
A modernidade das novas políticas do BNG non poden quedar en propaganda e vender imaxes. Feitos, dentro e fora. O demais e voltar a repetir procesos que no século XXI nos van a levar ao século pasado e laiarnos do tempo perdido.
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/03/0003_7437098.htm
http://www.anosaterra.org/nova/a-resolucion-das-eolicas-cumpre-co-ecoloxismo-.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/02/0003_7435439.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/01/02/0003_7435440.htm
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario