domingo, 18 de xaneiro de 2009

O FEITO E NON O DITO

HIXIENE DEMOCRÁTICA
En tempos de campaña electoral os nosos políticos acostuman a facer moitas promesas. Tamén fan balance do que fixeron e analizan o que lles queda por facer. Aínda non vimos a ningún coller o programa electoral das anteriores eleccións e contrastalo co que están a dicir. A prensa, a radio e a TV tiñan que facer o que os políticos non fan, e amosarnos o que foi de onte a hoxe, no discurso e nos feitos. Sería máis doado para todos ver o que hai de verdade e de mentira. A memoria non parece ser unha das características máis salientables do noso pobo. Xa hai quen se encarga de que así sexa e se focalice só en parte da realidade.
Lendo a entrevista que lle fan ao conselleiro de Medio Ambiente no Faro, o lector que non esté moi informado ata lle vai a parecer sensata e loable a labor do conselleiro , segundo as súas palabras " un martelo en contra das políticas que se leven por diante o medio ambiente". Pon exemplos e dí só parte da verdade que lle interesa, convertendoa nunha grande mentira. Fala do Plan Eólico e dí que ten que cumprir coa normativa medioambiental. ¡Xa o sabemos! Só faltaría que así non fose. Fala da Rede Natura e a invasión dun 30% dos novos parques. A lei non llo vai a permitir, e iso é o que esperamos, que se cumpra a lei, sempre, non só cando conveña. Para iso está aí, elexido e posto polo pobo.
Máis, onde está a media verdade ou a grande mentira? Cando fala da ampliación da Rede Natura e de que está feita con criterios científicos, que nos explique por que no Plan Acuícola hai "porcións" de terra das que desaparece esa RN para posibilitar a implantación de macro instalacións industriais, tendo de natureza as mesmas características que as terras circundantes que si entran na RN. Aí o martelo perdéuno.
A Serra da Groba ten paraxes nos que hai unha grande riqueza natural evidente e demostrada. Pois ises cintíficos, e os seus sesudos criterios, deixan fóra da RN parte importante desa riqueza para que se poda desenrolar esa actividade insdustrial destructora.
Falla obxectividade e falla a verdade. E, en política ise valor non conta moito. Conta o engano, o fraude e o gañar votos como sexa. Vender imaxe e pequenas accións que parezan máis do que son para contentar aos menos informados e a masa que, moitas veces, fíxase máis na garabata do candidato e o traxe que leva posto, que no que fai cando o traxe non conta e o que fica é o corpo e a mente núa, o feito e non o dito.
NOVAS NA PRENSA
As píloras da Voz:

Ningún comentario:

Publicar un comentario