domingo, 29 de marzo de 2009

FACER PEDAGOXÍA

SOS GROBA segue a traballar para que se recoñeza o grande valor patrimonial e natural da Serra da Groba, e aínda que pareza que o inverno nos fixo baixar o ritmo de traballo, a verdade é que seguimos día a día facendo pequenas labores que agardamos produzan os seus froitos e agromen agora que chegou a primavera. Un dos últimos traballos públicos que puxemos en circulación é o da Exposición A Serra da Groba, Patrimonio Natural e Cultural, que podedes ver íntegra na páxina http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/serra%20da%20groba.pdf Esta exposición foi feita coa idea de que sexa utilizada en tódolos centros educativos e asociacións que a demanden, así como a colaboración dos integrantes dos SOS Groba, xa sexa con visitas guiadas ou coa achega de información e materiais para explicar aso nenos e adultos as riquezas e valores que atesoura a Groba. Xa estamos máis perto do verán e continuaremos con actividades ludicas e pedagóxicas que nos axuden a sumar a máis xente ao coñecemento do noso rico patrimonio, a súa defensa e ao seu coidado, para facerllo chegar ás xeracións futuras nas mellores condicións. Agora, en primavera, convidamos a todo o mundo a que pasee polo monte e faga fermosas fotos da explosión de vida que agroma por todas partes. Xa se ven os primeiros potriños de iste ano e, aló polo final da primavera, teremos o primeiro curro onde serán marcados http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=14366 NOVAS NA PRENSA http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009032900_4_311205__GALICIA-Problemas-tecnicos-financiacion-amenazan-mayoria-parques-concurso

Ningún comentario:

Publicar un comentario