sábado, 25 de abril de 2009
AMBICIÓN DESTRUCTORA. A NOVA CONQUISTA
As empresas que estragan o noso país sacando grandes beneficios coa enerxía eólica, non paran aí e van a nova conquista de America, desfacendo o que se lle poña por diante para seguir amasando euros e sen nengún tipo de escrúpulos.
Pegamos este escrito que nos manda o compañeiro O Pipas, que andivo por terras de Mexico.
os ventos da resistencia e a desfeita dos eolicos en oaxaca fenosa endesa iberdrola ....
la nueva conquista
cartaz de los vientos de la resistencia
tres novas caravelas zarpan dos portos da peninsula
e avanzan cara o istmo de tehuantepec entre o atlantico
e o pacifico nese pais que chaman mexico
con muiños de vento como escudos pintados
nas suas desafiantes velas ao caron das cruces
as naves ocupan os cultivos dos pobos indixenas
cos seus muiños que agora seran autentitos xigantes
duas caravelas aos lados chamadas endesa e iberdrola
e no medio a caravela mais grande chamada union fenosa
nun centro mediambiental da cidade de juchitan no istmo de oaxaca
celebrouse o encontro los vientos de resistencia ante los molinos del capitalismo
no al proyecto eolico transnacional de fenosa iberdrola endesa gamesa....
que eles chaman la nueva conquista
o istmo de tehuantepec entre veracruz e oaxaca é unha rexion xeoextratexica
polo alto potencial electrico dun dos ventos mais fortes do mundo
na rexion viven pobos orixinarios zapotecas ikoots zoques mixes mixtecas
mazatecas chinantecas chontales e tamen mestizos e criollos
o corredor eolico está dentro do plan puebla panamá vital para estados unidos
extendido ate colombia e que agora chaman proxecto mesoamericano
o proxecto abarca 130 mil hectareas e é financiado polo banco mundial
o banco interamericano de desarrollo e o fondo monetario internacional
as empresas na maior parte con capital español pretenden despoxar aos exidatarios
e comuneiras do seu territorio con enganos de desenrolo e pagando unha miseria
pola renda durante 60 anos de miles de hectareas
a electricidade que se xenera non é nen será consimida polos istmeños
nen se disminuirá o pago dos prezos pola luz pois vai ser vendida a empresas
como wal-mart cemex coca-cola cruz azul soriana
o megaproxecto foi imposto aos pobos orixinarios violando convenios internacionais
e non houbo consulta nen informacion das consecuencias
hai perda de soberania alimentaria mentres non foron entregadas copias dos contratos
i en muitos casos non houbo traductores nas suas lecturas e ao non haber rescision
de contrato as empresas fican como se fosen as verdadeiras propietarias
os pobos afectados organizaronse e logo de varios anos de denuncia e difusion
estan loitando contra o despoxo das suas terras
a nivel rexional conformaron el frente de pueblos en defensa de la tierra y el territorio
integrado por exidatarios e comuneiras de union hidalgo nictepec juchitán la venta
la ventosa s mateo del mar s francisco del mar colectivo magisterial 14 de junio
grupo solidario la venta ucizini y cdh tepeyac
a nivel lokal nalguns espacios os labregos están organizados e a nivel mexicano
e internacional tamen traballan para facer visible nos medios este despoxo
asambleas foros talleres e pola via legal demandouse ante os xulgados civis
a nulidade dos contratos de arrendamento cos empresas transnacionais xa que son violentados de diversos xeitos os dereitos xa recoñecidos como pobos orixinarios
o encontro de loitas e resistencias contou cunha importante presencia
de organizacions e colectivos rexionais e algunhas outras oaxaqueñas
como vocal e cacita e voceiros de diversas comunidades con outros problemas
e conflictos medioambientais como s pedro yosotato e santiago xanica
viñeron organizacions de dereitos humanos e apoios comunitarios de chiapas
como o fraiba sipaz e ciapac e medios alternativos de oaxaca e a cidade de mexico
e outros colectivos de veracruz e michoacán
os conversatorios fixeron un percorrido polas resistencias do istmo
e polas outras rexions presentes do pais e tamen debullaron os megaproxectos
transnacionais que se serven da desregulacion agraria
coñecimos os proxectos da presa el paso de la reina na costa oaxaqueña
a supercarretera oaxaca-istmo a ampliacion do complexo turistico bahias de huatulco
o proxecto mineiro da sierra sur e outras desfeitas
e durante os conversatorios tamen houbo palabras para xs presxs politicxs
o movimento de oaxaca e la otra campaña e na noite a musica prehispanica
e os metais europeos pechaba a primeira xornada mentres noutro espacio
habia unha xuntanza dos citadinos con exidatarios de juchitán
mui perto do espacio do foro nas terras de cultivos de millo frijoles frutais
e diverso gando se quere intalar un parque eolico
estas terras de juchitán xa as visitamos noutros eventos pero agora tocaba
a saida ao parque eolico la venta ll noutro municipio veciño
o vento hoxe sopraba con forza e podiamos imaxinar o dano dos muiños
na epoca do paso das aves migratorias que se concentran neste estreito
varios centos de muiños sempre nas chairas e terreos de cultivos
e ameazan con chegar a 5000 mil aereoxeneradores
fixeronse ponencias e talleres sobre enerxias alternativas e apropiadas por parte
do colectivo cacita de oaxaca e a escola popular de auga e enerxia de chiapas
unha platica sobre a matriz enerxetica e unha introduccion a agroecoloxia
e houbo exposicions tematicas sobre a economia do despoxo e os megaproxectos
a deuda ecoloxica e os megaproxectos e a soberania alimentaria
e o encontro foi emitido por radio totopo gracias aos aparatos
que trouxeron as compas de medios de oaxaca
otra vez saimos do espacio pero agora para facernos mais visibles
unha marcha con dous carros de bois como primeiras faixas
como seña de identidade e reivindicacion dunha relacion co medio
e xa coloristas mantas coas consignas en defensa de nuestro territorio
no al proyecto eolico transnacional tierra y libertad
e outras negativas a perdida das terras as represas os transxenicos
e ate textos escritos nas rodas dos carros onde ian os nenos entre ramallos
e na vila labrega e mariñeira de juchitan as pintadas tamen atoparon
o desencontro cos uniformados que non chegou a maiores
mentres xa se estaba co mitin comunitario e apartidista
unha comision estivo elaborando a declaracion politica e o plan de accion
das mesas de traballo por sector e logo do xantar na plenaria foi lida
e ratificada cos engadegos que se sumaron para enriquecela e houbo unha proposta
de facer unha asamblea estatal pola terra e o territorio na mixteca
teremos que poñer en contacto a estas resistencias
coas poucas comunidades galegas
que se negan a ter muiños de vento nos seus montes
oaxaca 18-11-08
NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/04/26/0003_7677235.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/04/26/0003_7676912.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/04/25/0003_7675128.htm
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario