mércores, 13 de maio de 2009
VENTO MAREIRO
O mar e o vento sempre estiveron ligados. A auga e a forza do aire en movemento levarón a Colón a America, trouxeron aos vikingos ata as nosa rías e axudaron aos nosos mariñeiros a buscar a vida lonxe da costa. Agora o deus Eolo ten que andar preocupado por mor do negocio que algúns queren facer cando se remexe por riba das augas de Neptuno.
Cando os nosos poetas cantaban ao mar, ás rías, aos barcos que ían cargados de emigrantes cara America e as xentís andoriñas, endexamis poideron pensar que a romantica idea de botar a ollada a liña do horizonte para ver se se albiscaban as costas da America soñada, se ía ver tapada por ringleiras de muíños de ventos zoando -onde irán os queixumes do pinos- que nos empedirán ver o solpor.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051300_4_326409__Galicia-costa-molinos
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051300_4_326408__Galicia-tres-grupos-unen-para-rechazar-parques-eolicos-marinos-Galicia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario