Estes días podemos ver nos medios de comunicación un feirxe de mentiras e enganos. A manipulación da información e o conseguinte engano, levan a xxente a non saber con exactitude de que se está a falr. Trátase de montar unha arañeira de informacións contraditorias para que a xente vaia criando unha imaxe irreal do tema.
Mentres, o país seguirá sendo explotado polo capitalismo salvaxe, deixando aas súas pegadas na paisaxe e na xente, paseniño, pouco a pouco, e sen posibilidades de remisión.
Non podemos ficar quedos ante o roubo sistemático, duns e de outros, das riquezas que son patrimonio de todos e que non se pode xustificar a súa perda páguese o que se pague por elas.
Si o decreto eólico era malo ( no conxunto) o que agora nos venden como a solución para arranxar as teóricas desfeitas do bipartito, aínda é pior. Dá máis aos que máis queren e teñen, e segue quitando aos que deberían ter, os propietarios do monte e todo o pobo galego.
Os beneficos para uns poucos e as perdas para todos. Ise é o sitema que nos ten levado a onde hoxe nos atopamos, e ise é o sistema que seguen a fornecer os que gobernan.
Mentres, seguemos a perder todo aquilo que non ten prezo e que nos rouban, como levan facendo secularmente en África e America latina, como se foramos unha colonia asoballada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario