sábado, 5 de setembro de 2009

GUERRA POLOS CARTOS. E O MONTE?

Lemos na prensa estas novas
e comparamos co que está a pasar na Serra da Groba. No fondo o problema sempre é o mesmo: o diñeiro que se move como rendemento do uso do monte. Mais se lle seguimos a pista, pouco ou case nada dise diñeiro volve ao monte en investimentos para a súa conservación e mellora. Sabemos que hai dignas escepcións, pero uha analise polo miúdo lévanos a confirmar que por desgraza, seguen a ser escepcións os exemplos de bo uso e mantemento do monte comunal.
O caso da nova e distinto. A loita pola propiedade para, despois, tirar beneficios da explotación do monte co parque eólico. O curro, que por outra parte e un ben patrimonial importantísimo e secular, segue nun segundo termo como algo sen importancia.
Moito nos queda a todos por andar. Os nosos montes merecen máis respecto e moitos máis coidados. Non velos só como fontes de producción de diñeiro, sería un grande paso para a millora xeral e o garante da súa sutentabilidade (complexa e na que caben moitas cousas, pero cun orde e unhas preferencias baseadas nunha ordenación racional e respectuosa coa ecoloxía).
A guerra a paus afastanos moito dunha mellora e dun futuro que quixeramos, prometedor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario