mércores, 4 de novembro de 2009

HIPOCRESÍA BEN MEDIDA

Toda a arañeira legal, todas as declaracións dos políticos - duns e doutros partidos- só son hipocresía ben medida. Construen discursos para enganar a cidadanía e aparececer como salvadores do país e do territorio mentres a realidade nos vai ensinando todo o contrario. Só fai falla unha pequena reflexión, e botar unha ollada ao pasado e ao milleiro de disposicións legais e decretos feitos nos últimos dez anos, e analizar as fotos do google e tódalas denuncias de grupos e xentes que si están verdadeiramente preocupados polo noso futuro e o noso medioambiente. O resultado e terrible. Seguense a destruir montanas e ríos, costa mariña e lugares que calquera país civilizado, nestas alturas, sabendo o que sabemos, se coidaría moi moito de respectar e de protexer. Que ten que pasar para que a xente se decate do que nos están a facer? Que temos que facer os que non tragamos para que se nos escoite ? Que futuro ten un país que se vende por unha presa de euros? Cando istes días vemos nos medios a pantomima do tira puxa dos partidos maioritarios e alguns xuices perseguindo a corrupción, por unha banda, e a máquina política traballando pola outra, os que estamos fartos de denunciar, seguimos esperando unha revolta cidadán que diga basta xa, que berre ben alto ! xa abonda¡. Para mostra... a seguinte nova no xornal El País: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/recorta/proteccion/Xures/parque/eolico/elpepuespgal/20091104elpgal_8/Tes http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=483878

Ningún comentario:

Publicar un comentario