venres, 30 de abril de 2010
DESTRUCIÓN DO PATRIMON IO EN OIA. UNHA "HUMANADA"
tres fotos do petróglifo antes de iniciarse as obras, cando se deu parte de que se estaba danando e o que se ve agora no sitio no que estaba.
A NOVA NA PRENSA
http://www.vieiros.com/nova/79360/oia-permite-arramplar-cun-xacemento-rupestre-para-a-plantacion-de-kiwis
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/04/29/0003_8449809.htm
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/04/30/0003_8452446.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
A pesares da existencia de multitude de leis, decretos e orgnismos encargados da proteción do patrimonio, iste séguese a destruir sen piedade.
Agora tocoulle a unha parroquia do concelo de Oia, Burgueira, e máis concretamente a dous xacementos catalogados sitos nos lugares do Alto do Sobreiro e monte da Boaventura. Unha empresa está a constuir unha plantación de kiwi nun monte comunal alugado a Comunidade de Montes de Burgueira. A esares da súa catalogación e dun primeiro aviso ao concello e á empresa, por parte da Delegación Provincial da Consellería de Cultura en Pontevedra, seguíronse coas obras e desfíxose por completo un petróglifo feito nunha laxe de xisto e destruíronse os restos das paredes dun xacemento romano existente no lugar, probablemente ligado as explotacións mineiras romanas, tan abondosas na zona.
Nunca tanta lei houbo, nunca tanto se falou nos medios de comunicación e nas escolas do Patrimonio, e seguímos a estragálo como si fosemos autenticos animais irracionais. Como comentaba un alumno de primaria onte nun aula dun colexio de Nigrán, ante o calificativo de animalada a dita acción por parte do seu profesor, " non profe, será unha humanada, iso levaba aí miles de anos e a nengún animal se lle ocorreu destrozalo. Foron os humanos e non os animais os autores disa desfeita".
É a única noticia boa que escoitei istes días e que me anima un pouco. Os nenos, sempre directos e libres, son os únicos que conservan algo de "humanidade" nista selva fagocitadora na que vivímos de políticos, leis, decretos e empresas que todo o xustifican. Cando un lee na prensa declaracións como as que fai o alcalde de Oia, xa non sabe se chorar ou maldecir todo. Si as autoridades argumentan así, que non van facer os malfeitores que sempre están ao asexo para facer o mal. Pobre democracia e pobre pobo temos si non somos capaces de ir máis lonxe co pensamento e a acción. As xeracións futuras non merecen os que lle estamos deixando en herdanza.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Parabéns pola súa bitácora.
ResponderEliminar