mércores, 7 de abril de 2010
A RAPOSA COIDANDO AS GALIÑAS
NOVA NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fiscal/acusa/doble/delito/prevaricacion/presidente/Portos/elpepuespgal/20100407elpgal_2/Tes
Está ben que un fiscal acuse de prevaricación a un político. Está ben. Nun estado de dereito agora toca celebrar un xuizo e que un xuíz dicte sentencia. Todo iso é o procedemento común e tódalas gantías legais deben ser cumpridas. Agora ben, mentres todo isto pasa transcorre un tempo e levanse a cabo accións que en moitos casos non son reversibles, e aquelo que se formou ao longo de milleiros de anos destrúese en minutos. Os culpables non sempre son levadoa ante un xuíz, sobor de todo cando é a propia administración a que enlea a cousa cunha arañeira de decretos e leis que fan para non ser cumpridos ou para ocultar os vedaeiros estragos contra o medio ambiente.
Cando nun curral se pón a raposa a coidar das galiñas non é de estranar que saia o sol pola mañan e ao ir recoller os ovos atopemos só plumas.
Nas nosas serras hai moito que conservar e protexer. Os que denunciamos as desfeitas e valoramos o que temos non somos escoitados, e as raposas seguen a coidar dos galiñeiros. A tan manida cualificación de "Obras de interese social" para os muíños de vento está a ocultar os privilexios de que están dotando as empresas máis estragadoras do medio ambente no noso país.
¡Señores xuices, señores políticos, menos burocracia e máis realidade: nunca houbo máis leis de protección da natureza nen máis estragos e desfeitas! Algo ten que mudar
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario