mércores, 26 de maio de 2010

BOA NOVA


Onte saíu no DOG a renuncia de Eurovento a parte dos aeroxeradores que tiña pensado montar na Serra da Groba
.http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/196E2?OpenDocument
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5a172f66939aa52fc125772d0064976f/$FILE/09700D005P024.PDF
Sen deixar de ser unha boa nova non o é de todo pois o que fai a empresa é trocar de sitio os aeroxeradores que, por a presión e as alegacións feitas,  non pode ubicar alí onde quería. Non perde ises dereitos se non que pode levalos a outro parque, e segue adiante co que ten concedido, o que siñifica que vai a pór alomenos 11 muíños de vento no alto da Gabiñeira ( para quen non coñeza a serra, é o lugar máis próximo a estrada ao chegar ao alto da Groba, onde hai dúas pozas de auga e unhas chans que fan de pasteiro para os cabalos, as vacas e as ovellas que viven no monte), o alto da Chan da Lebre, da outra banda da estrada e que mira cara ao mar de Baiona e que pode ser vista dende Fisterra e viceversa, os cumes das Teixugueiras, da outra ladeira da Boca da Groba que miran cara aos montes de Pinzas e que se pode ver dende a Caniza e toda a Louriña. En definitiva, que a loita continúa e que non imos parar ata que eliminen por completo todo o parque eólico.
Ista "renuncia" parcial non é voluntaria. É o resultado dunha loita de moita xente que estamos aí dende moitos colectivos e aos que dende aquí quermos dar as grazas pola súa loita e apoio. Somos SOS A Serra da Groba,  somos Salvermos Monte Ferro , Galiza Non se Vende, Asociación Ecoloxísta A Groba, Verdegaia, o IEM e moitas mulleres e homes con sensibilidade, de todos os credos políticos e relixiosos, que entendemos que a Serra da Groba e un valor,  no seu conxunto,  que temos que preservar para o futuro, protexendoo e coñecendoo, e preservandoo para deixarlle aos que veñan despois de nós un país e unha terra mellor.
As falacias e as mentiras dos de sempre non nos van a enganar. O traballo serio e rigoroso, a denuncia, a divulgación e o respecto polo patrimonio natural e cultural valen e poden moito máis que calquera outra cousa e aí imos a seguir, pese a quen lle pese.
Venceremos nós. A loita continúa,  e nela contamos cos que sempre estiveste aí. Grazas a todos/as.

2 comentarios:

  1. Noraboa, compañeiros e compañeiras!
    ...Pero o traballo non esté rematado. Cómpre seguir á espreita. Compre seguir na loita.

    ResponderEliminar
  2. A nova de hoxe no Faro é demoledora. Imos ter un perfil montañoso cheo de muiños. Unha nova paisaxe do Baixo Miño.

    ResponderEliminar