xoves, 6 de maio de 2010

PARA QUE SIRVEN AS LEIS ?

NOVA NA PRENSA http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/05/06/0003_8465106.htm Segundo podemos ler na prensa de hoxe, todo o feixe de leis que existen para protexer o medio ambiente e o patrimonio, así como para levar a cabo calquera iniciativa empresarial, non serven para nada, ou para case nada, se non hai alguén , alleo a propia administración, que estea aí para facer a pertinete denuncia. A administrtación non deixa de producir leis e decretos que logo só fai cumprir a medias ou a algúns. Iso de que a lei e igual para todos, estase vendo que non é certo, ou polo menos, non nos obriga a todos por igual, como se está comprobando. Si eres poderoso, si tes moito diñeiro ou algún tipo de poder, os regulamentos e as leis son facilmente salvables mentres non haxa unha denuncia e a maioría da poboación non se entere do que se agocha por tras. Está comprobado que a existencia de moitos organismos, funcionarios e políticos ao fronte dos mesmos non é sinónimo de efectividade e/ou eficiencia. A arañeira de departamentos e de ordes e decretos, o único que está facendo e ocultarlle ao pobo simple e chan, os verdadeiros "tecemanexes" dos administradores e a ineficacia dunha administración cada día máis burocratizada e menos eficiente. Evidentemente, non todos os funcionarios e políticos son iguais. Agora ben, mentres os que non son iguais e o pobo se neguen a seguir mantendo isa porcentaxe dos chamados "inútiles necesarios" non hai nada que facer, ou si. Fica moito que facer. Non tragar e esixir quie todos os políticos e funcionarios públicos cumplan e fagan cumplir as leis. E, para as empresas e particulares, ser máis coidadosos e respectuosos co que é de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario