mércores, 9 de xuño de 2010

VAI SUBIR A FACTURA DA LUZ

Seica o ministro de industria está preparando unha próxima subida da factura eléctrica. Parece que non lles chega coa rebaixa de salarios e a subida do IVE, que teñen que meterlle máis a man ao pan dos "pobres", dos que menos cobran, que somos, coma sempre os paganos de tódolos males que outros provocan e producen.
Nos enlaces a novas na prensa que hoxe selecionamos, podemos ver dúas olladas que teñen relación co tema das chamadas enerxías renovables, as eólicas e as grandes mentiras. Seica é agora cando algúns se decatan das moitas mentiras e intereses especulativos que hai por tras do choio enerxético. Mágoa que só agora abran a boca os articulistas e opinadores para denunciar o que outros vimos denunciando dende hai moito tempo.
Mágoa, tamén, que na edición dixital non se vexa o esquema, do que no artigo chaman Fábrica de aire, e que é o esquelete dun muíño de vento e a comparativa coa altura do concellode Vigo e a torre Picasso (45 m. o concello, 150 m a torre Picasso en Madrid,  e 150 m. o aeroxerador de 3 Mw, que veñen sendo os que tentan montar nos novos parques).
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/06/09/0003_8537790.htm
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/06/09/0003_8537689.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario