martes, 6 de xullo de 2010
AÍ VEN A PRIVATIZACIÓN ENCUBERTA DOS NOSOS MONTES
NOVAS NA PRENSA
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/subvencionara/alianzas/duenos/montes/inversores/externos/elpepuespgal/20100706elpgal_3/Tes
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/capital-privado-entra-na-xestion-conxunta-do-monte/idEdicion-2010-07-06/idNoticia-565791/
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/06/medio-rural-promovera-sociedades-duenos-montes-ayudas-creacion/453792.html
DAS ELÉCTRICAS
http://www.xornal.com/artigo/2010/07/06/economia/grandes-electricas-plantan-frustrada-subida-luz/2010070600005903730.html
FOTOS DA RAPA DE SABUCEDO
http://www.xornal.com/album/2010/07/05/foto/2010070501165800329.html
Dende hai algún tempo queíxanse as CCMMVVMC das manobras da Xunta para levalas cara a privatización dos seus montes. Non lles falla razón. A dereita que goberna na Xunta non lle interesa que haxa quen opine distinto e poda pór trabas ao reparto de intereses privados entre amigos e coñecidos, pago de favores, etc. As Comunidades de Montes do noso país, con tódolos defectos que poidan ter (e quen non os ten) son sociedades singulares grazas as cales, para ben e para mal, temos moitos montes producindo o máis importante que o monte pode producir que é valor ecolóxico e paisaxístico. Non pretendemos reducir os seus valores a istes dous, mais si é importante salientalo. O monte debe e pode ser produtivo, debe producir beneficios aos seus lexítimos propietarios e, indirectamente, a toda a sociedade e o país. Tamén debe ser autosostible e debe xestionarse racionalmente entre os propietarrios e a sociedade e os seus representantes lexítmos. Agora ben, o que non debe pri mar e o principio que algúns queren impór de que ante todo ten que producir beneficios económicos, ser rendible economicamente e deixar para un segundo lugar ou, o que é pior, esquecelo de todo, o seu interese ecolóxico e patrimonial.
Polo que imos vendo, a Xunta quere regular o monte e que iste produza beneficios para uns poucos, non importa moito como, o caso é que produza beneficios( simplificando, madeira e outros derivados) e as grandes empresas poidan levar a cabo os seus grandes proxectos empresariais de costas aos intereses de todos.
Xa estamos vendo cales son os seus proxectos para os nosos montes coa industrialización salvaxe das nosasa serras cos parques eólicos, e moito nos tememos que agora virá o reparto da terra dos nosos montes para producir biomasa para as centrais enerxéticas que ten previsto repartir para as grandes empresas. A madeira será unha máis pero non a principal. Se non ao tempo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario