xoves, 15 de xullo de 2010

CONFERENCIA SOBRE A ENERXÍA EÓLICA NA GALIZA

Mañán venres ás 20 h.,  na Aula de Cultura ponte de Rosas, avda da Feira nº 10 de Gondomar, sede do IEM, haberá unha charla coloquio de Xavier Simón e Damián Copena sobre a problematica da enerxía eólica no noso país e o presente e futuro da mesma. Tentamos que o coñecemento nos aclare cal é a veradeira situación da enerxía eólica e todo o que hai por tras dela para, a posteriori, debater sobre o que nos ven enriba co novo decreto da xunta e a posibilidade de instalar novos parques eólicos en toda a Serra do Galiñeiro e a Serra da  Groba. Temos por diante moito traballo e consideramos que a información de man  dos que máis saben do tema debe ser o primeiro chanzo para seguir co resto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario