domingo, 25 de xullo de 2010

" PICARESCA "



Se eles mesmos non entenden a arañeira do decreto, que vai a entender a maioría da cidadanía? Do que se trata é precisamente de que ninguén o entenda para así poder facer libremente o que lles pete, dándolle megawatios aos amigos ou aos que máis paguen doutro xeito os favores. E mentres o territorio, a terra e os galegos,  a velas vir, esnaquizado en eidos industriais postos alí onde só debería haber terra e natureza en comuñón e armonía, producindo vida e osixeno para os que veñan despois, máis tarde,  cando xa esta xeración esté purgando as súas culpas no lume do inferno dunha triste memoria dificil de borrar do libro dos agravios de iste país canibal.
E o país arde en festa, como dirían as crónicas dos que venden fume, mentres a miséria agarda á espreita que chegue o frío.

NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/25/grandes-eolicas-avisan-picaresca-concurso/458869.html
http://www.xornal.com/artigo/2010/07/24/suplementos/estratexias/eolico-gallego-pone-punto-muerto/2010072420510400259.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario