NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/novo-mapa-eolico/idEdicion-2010-07-22/idNoticia-571657/
! O QUE HAI QUE LER¡
http://www.galiciahoxe.com/politica-galicia/gh/tourino-galiza-non-vende-xera-inmobilismo/idEdicion-2010-07-22/idNoticia-571647/
Parece increible que a estas alturas da lexislatura aínda haxa xente que non foi quen de facer unha analise seria sobre os resultados das eleccións autonómicas e dos por ques dos resultados.
Un dos verdadeiros protagonístas da debacle do prometedor proxecto de futuro que supuxo o goberno bipartito, ao noso entender, foi " O presidente" Touriño que non soubo dirixir axeitadamente o seu goberno nin conectar coa cidadanía comprometida co país e o progreso, entendido iste como o desenrolo de políticas sustentables e serias que fuxisen dos modelos neoliberais fracasados en todo o mundo e en gobernos próximos.Ise "Presidente", como se fixo chamar na pior campaña electoral que se pode lembrar na democracia, atrevese agora a dicir que un movemento como Galiza Non Se Vende , que pode ter defectos, indubidable, mais que aposta firmemente por outro xeito de facer e/ou construir país, fuxindo da destrución programada do territorio de tódolos gobernos que ata o de agora houbo, diciamos, atrevese a botarlle a culpa do seu fracaso aos únicos que non se casan nin se venden con ninguén. Pobre home, si non fora por que hai moito no que loitar e moito que facer para tentar parar a destrución que políticos coma il nos están a programar tódolos días, ocupariamonos de ir detalllandolle, día a día, nun diario niste ou outro blog, os porques de que a xente non trague cos políticos e políticas que fan os partidos no poder e as grande mentiras que moven iste puto mundo capitalista que está a reventar e algúns seguen a defender como paradigma do mal chamado progreso. Cando tódolos paises están en perigo polos abusos do sistema financiero, os obreiros ven reducidos os seus dereitos e proteccións, os bancos levan os cartos dos tesouros públicos para salvarse da queima e os tabeiróns financieiros seguen a chucharnos o sangue, aínda se atreve o "Presidentiño" a botarnos a culpa aos que denunciamos as desfeitas súas e dos seus amigos.
Como cidadán sinto noxo, moito noxo, ao escoitar, (ler), as verbas dun home que foi o presidente do meu país e que tivo a maior e mellor oportunidade que nengún político tivo no seculo XX e no que vai do XXI, para pór a Galiza no camiño dun futuro prometedor, sostible e xusto coas xeracións pasadas e futuras.
Como dixemos enriba, como non hai tempo que perder, vaia señor Touriño o nos sentimento de mágoa ( non imos ser como vostede) polas súas verbas e a súa actitude ante o seu fracaso e a fustración de miles de galegas e galegos que albiscamos unha raiola de esperanza nun verdadeiro cambio cando vostedes chegaron ao poder. Nin uns nin outros souberon estar a altura das circunstancias que a historia puxo nas súas mans, e a propia historia quitará e dará razóns, mais infelizmente nós non estaremos xa para velo pero, por disgracia, os nosos fillos si, e eu teño moi claro o que lle vou contar aos meus netos ou aos dos meus amigos se un día os teño. Vostede coido que como adoita non momentos dificiles, ficara calado, ou o que aínda é pior, botarálle a culpa aos outros.
E lembre señor Toriño que
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
a seguir luchando, estoy de acuerdo contigo, gobierne quien gobierne no nos vendemos, en la asturias occidental pensamos igual
ResponderEliminar