sábado, 28 de agosto de 2010

DÉFICITS , DE QUE?


NOVAS NA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/08/17/00031282058050703854782.htm
!PARA FIARSE¡
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Informes/despacho/elpepuespgal/20100828elpgal_8/Tes
!ESTAMOS TOLOS¡
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/cierre/metalurgica/ahonda/crisis/auxiliares/eolicas/elpepuespgal/20100828elpgal_14/Tes

http://www.xornal.com/artigo/2010/08/27/economia/repotenciacion-eolica-supora-mais-ingresos-enerxeticas/2010082723584301391.htmlTodo se pode xustificar. Todo. Os alemáns na segunda gran guerra, xustificaron o exterminio dos xudeos todos cheos de razóns. Agora seica os postos de traballo están por riba do futuro. Só miramos o inmediato, ,o que temos nos próximos días, sen importarnos o futuro e as consecuencias do que facemos no presente. Os alcaldes queren votos para saír elexidos e ter o poder para mangonear. Gobernar é outra cousa moi diferente. Co tempo que levamos de democracia, deberíamos ter experiencia suficinte para decatarnos de que nos últimos 25 anos fixéronse  moitas cousas mal, e seguen a facerse mal, rematadamente mal. Os políticos, pasa o tempo e deixan o cargo ou fánllo deixar os votos, e as débedas e as burradas que fan pagámolas todos e as xeracións futuras. Eles seguen nos seus negocios ou nos seus retiros preparados mentres tiñan o poder.
Como a estas alturas se pode frivolizar tanto en tan pouco espacio nun medio de comunicación? Onde está o xornalismo serio , responsable, de investigación e crítico? Agora os medios só son mecanismos en mans do capital para crear opinión e manipular, sen escrúpulos e sen conciencia. O que interesa e a conversión de calquera produto, sexa información ou calquera outro, en € ou $. diñeiro e poder, poder e diñeiro. Para mostra calquera das novas que encabezan este apuntamento.





Ningún comentario:

Publicar un comentario