Seguirán morrendo, cal Quixotes do século XXI que se achegan atordoados ata as pas deses muíños xigantes que, neste caso, si son xigantes e muíños. Os paxaros, os morcegos e calquera outro pequeno animal que vexa perturbado o seu cotián vivir, só son danos colaterais nunha batalla na que non contan nada, non importan nada. Que valor vai a ter un paxaro ao lado dos millóns de euros que reporta a conta de resultados dun macro emporio industrial que está ideado para iso, para facer cartos sen importar o como. mentres os políticos de turno falarán de enerxía verdes, da necesidade de producir enerxías limpas ... ?Acaso todo isto se nos pareza moito aos chamados diamantes de sangue, que istes días estamos a relembrar nas novas dos xornais, onde o valor das pedras prezosas en dolares está por riba das persoas que deixan a vida para que ese caro mineral escaso pendure do pescozo dunha dama ou escentilee nas mans limpas das belas damas ricas. Os megawatios que levan a enerxía as lampadas acesas dos escaparates das xoiarías das nosas urbes, tamén son kilowatios de sangue. Mais, aquen lle importa?
A nós si nos importa e seguiremos aí, na loita contra as mentiras e a falla de sensibilidade, nun mundo cego que só ve o que lle convén ver, e disfraza a beleza de oropel tinguido de sangue. Aínda que esta sexa de paxaros, non deixa de ser sangue derramada inutilmente, para beneficio temporal duns poucos. As consecuencias pagarémolas todos, antes ou despois.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Ecologistas/encuentran/aguilas/seccionadas/parque/eolico/elpepuespgal/20100821elpgal_10/Tes
Ningún comentario:
Publicar un comentario