NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/08/06/galicia-opta-800-2000-megavatios-repotenciar-parques-eolicos-antiguos/461827.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/08/06/0003_8652562.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/08/06/0003_8652564.htm
Si lemos con atención as novas da prensa destes días referidas ao novo reparto eólico parece que nos vai tocas a lotaría a todos os galegos .
Os medios que tanto pulo lle deron ao señor Feijoo e a o seu partido na anterior campaña electoral, parece que andan a percura dalgún regaliño ou favor ao dicir as verdades a medias e ao elevar as pretensións do presidente eo seu conselleiro de meras intencións a feitos realizados. Unha cousa son os proxectos e os desexos, e outra as posibilidades e a realidade que non ten máis ca un camiño. Non temos capacidade para evacuar a posible enerxía producida, e polo tanto, non se poderán cumplir todas esas previsións de produción da que tanto falan, e consecuentemente, non se van a crear ises postos hipotéticos de traballo nin as empresas asociadas aos macroproxectos que só van a figurar no papel, para tirar tallada dun reparto do que todos queren parte e non hai cantidade para todos.
Falar a estas alturas de repotenciar, sendo algo do que vimos falando dende hai moito tempo, parecenos un insulto a intelixencia dos galegos, sobor de todo cando se fala despois de ser respectuosos co medio ambiente. Si se quixese ser realmente respectuosos co medio ambiente, primeiro habería que facer a Rede Natura que nos esixe Europa e a propia cidadanía ben demandando. Despois tocaríalle a REPOTENCIACIÓN dos parque existentes, eliminando aqueles que máis impacto están a ter sobre a paisaxe e o medio no que se instalaron. Logo habería que reforzar as liñas de evacuación nas zonas susceptibles de aumentar a produción con menos muíños para non ter que recurrir a novos impactos en zonas virxes ou aínda sen explotar, seguindo a terminoloxía deles. Seguro que chegaríamos a producir todo o que se quere producir co aumento de novos parques, sen necesidade de construir nengún novo, e polo tanto sen destrrozar máis as nosas serras e todo o que nelas habita.
REPOTENCIAR, que bonito sería se non fora por que o que se quere de verdade e repotenciar o poder dos que máis teñen a costa do que é de todos, e que lle van a vender a uns poucos por unha presada de euros que vai ti a ver a que peto van a parar. Mentres tanto, todas esas palabras e novas nos xornais, moi ben repartidas e espaciadas no tempo para que pareza o que non é, non deixan de ser máis que PROPAGANDA ben dosificada que o señor Feijoo e o seu goberno pagará, ou está a pagar, co que é de todos. Tempo ao tempo, para aqueles que non o ven claro, e atentos ao DOG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario