sábado, 6 de novembro de 2010

SANCIÓNS DA UE

NOVAS NA PRENSA
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/posible-sancion-da-ue-galicia-desprotexer-medio-natural/idEdicion-2010-11-06/idNoticia-607922/
Seguimos sendo un dos paises con menos superficie protexida, a pesares de andar presumindo de ter unha natureza extraordinaria. Si seguimos ao ritmo destrutor dos últimos vinte anos, en menos de cinco teremos moitas postais do que foi  a nosa terra, e moitas lembranzas do que non debería ter pasado pero que estmos deixando que pase. Os políticos, coa súa cativa "utilitaria" maneira de administrar o que é de todos, incluso das xeracións futuras que aínda non naceron, vendo só os votos e os efectos curtopracistas das súas accións, deixando estragar a natureza que nos da e nos deu vida e que, nun futuro non moi afastado, demandarános  vida cando ista máis falla nos faga.
Non alegarán que n on tiveron tempo para facer o que é a súa obriga e que, en teoría, tiñan que ter previsto xa dende o prinicpio.
Teremos que saír a rúa e berrar ben alto e forte que Galiza Non Se Vende, nen imos deixar que a vendan ao mellor postor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario