Hoxe ven a prensa cargadiña de novas ao respecto da sentencia sobor da anulación do concurso éolico do bipartito polo actual goberno da Xunta. Xa se vía vir algo parecido e, coma sempre, este goberno agacha a orella e di que todo o que fai está ben feito.
É coñecido o noso parecer ao respecto do anterior Concurso Eólico e tamén sobor da actual lei. Aínda non estando dacordo e tendo diferenzas claras de opinión ao respecto, si temos que recoñecer que dentro do "malo" o concurso anulado era moito mellor que o actual e tiña algunha avantaxe clara para os propietarios dos montes e as empresas do país. Con todo, nengún dos dous nos satisface, e sobor de todo, nengún soluciona nada: nin o problema enerxético, nin o despoboamento do país, nen a valorización do noso monte e o noso tecido produtivo e, o que é pior, segue a destragar o noso patrimonio natural dun xeito inmoral e abusivo. Outros modelos son posibles e, aínda máis, necesarios para que este mundo sexa habitable e teña futuro. Por eles hai que loitar, educar e reivindicar.
SENTENZA
http://www.bng-galiza.org/opencms/export/sites/default/BNG/parlamentogalego/contidos/arquivos/novas/sentenza_eolico.pdf
NOVAS NA PRENSA
http://www.xornal.com/artigo/2011/03/25/economia/guerra-di-derogaron-rigor-eolico-do-bipartito-pesar-da-sentenza/2011032500050200632.html
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/nova-lea-eolica/idEdicion-2011-03-25/idNoticia-652608/
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/BNG/exige/cese/Guerra/aval/Superior/decreto/eolico/elpepuespgal/20110325elpgal_1/Tes
http://www.farodevigo.es/galicia/2011/03/25/xunta-sostiene-sentencia-avala-decreto-eolico-bipartito-afecta-concurso/529817.html
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/03/25/0003_201103G25P38991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2011/03/25/0003_201103G25P38992.htm
Artigo de Carme Adán no Xornal
http://www.xornal.com/opinions/2011/03/24/Opinion/eolico-mentiras-cintas-video/2011032421531100874.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario