http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/04/15/0003_201104V15C9991.htm
ENTRE BESTAS E BURROS
Hai uns meses
presentouse en Francia un pequeño libro que en moi pouco tempo pasou a ser un
dos máis vendidos en toda Europa. Stéphane Hessel publica Indignezvous, que foi
traducido ao galego por Fernando Moreiras e publicado cun prólogo de
Manolo Rivas co titulo de Indígnate
pola editorial Factoría K. O vello
Hessel con 96 anos, que participara no
1948 na redacción da Declaración Universal dos dereitos Humanos fai unha
chamada a xuventude para que non fique parada ante a desfeita que se está a
producir neste mundo globalizado que vai rematando con todo.
Si un propietario
ten nos montes da Groba ou do Galiñeiro, por pór un exemplo, un par de burras do monte, e ten a sorte de que
lle paríran as dúas e chega ao curro con dúas crías femias que quere deixar
coas nais para que se perpetúe a especie, ten que dispór nise intre de 200 €
para os microchips, máis o seguro obligatorio da asociación e a cota da mesma,
así como os gastos derivados da desinsección e desparasitación dos animais. Non
contamos o traballo e o esforzo para xuntalos e marcalos, nen os gastos de andar
todo o ano a vixiar que non baixen as veigas ou se metan en lugares non permitidos.(Esto
daría para falar con calma noutro artigo dos porques de cada cousa.) Non chegarían 500 € para manter no monte aos
catro animais que, se pola contra, se as
crías fosen machos e se venderan ao bo prezo non darían máis de 100 € poas
dúas. Quero esto dicir que son máis os gastos que os beneficios; son máis as
trabas e dificultades que as posibles satisfacións que pode producir manter no
monte un animal que presta un servicio á comunidade en xeral, mantendo o mato e
cumprindo unha función ecolóxica que non se pode tasar en euros, pois a nai
natureza non pode ser utilizada como mercaduría ao dispór duns interese ou de
outros.
Nas serras do Val
Miñor existe unha asociación exemplar que debería ser catalogada como BIC, Ben
de Interese Cultural Galego. Sen animo de lucro e co único obxectivo de manter
viva a nosa tradición dos Curros de Cabalos e os propios cabalos Ceibes de Pura
Raza Galega, na súa maioría. Esta Asociación de Gandeiros de Cabalos do Monte da Groba, non busca beneficios económicos, que non se desprezan se os
houbera, e agrupa aos gandeiros ou
propietarios, diría eu, que manteñen con moito esforzo como acabamos de
explicar un animal que se non fora por eles desaparecería en moi pouco tempo
dos nosos montes. Deixar que esto ocurra poñendo máis dificultades ás xa
existentes, engadindo burocracia e custos inasumibles é un grave erro da
administración que temos que axudar a correxir.
A
sociedade civil parece que temos que ir por diante da administración e a
contra.
Hai solucións
para resolver os problemas que producen os Cabalos Ceibes; hai que protexer a
unha especie en perigo de extinción; hai que valorar os recursos e patrimonio
tradicionais na súa xusta medida e incentivar mediante medidas de protección e
axudas reais a pervivencia dos cabalos nos nosos montes. Non só en espazos
pechados e en rexime de gando produtivo, se non que os animais salvaxes tamén
teñen dereitos, eles estaban aí hai moito tempo e temos qu conxugar a súa
existencia co a explotación racional dos recursos do monte.
A
nosa solidaridade cos propietarios dos
cabalos do monte do Val Miñor e o noso apoio a tódalas mediads que axuden a
resolver os problemas , non as que crean outros e enrarecen o ambiente.
Moi bo artigo que comparto na miña canle.
ResponderEliminarO malo non é que isto estea acontecendo só cos cabalos, hoxe para facerte con media ducia de cabras ou ovellas para mantelo mato nunha leira ou nun agro de xeito natural e respectuoso co medio ambiente é toda unha odisea, polo que moita xente desiste ante tantos requisitos.
Polo xeral a xente dos "despachos" os únicos cabalos salvaxes que coñecen son os dos indios.