xoves, 28 de abril de 2011

S.O.S DOS CABALOS CEIBES NO MONTE

NOVAS NA PRENSA

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/04/28/futuro-curros/539595.html
Hai que botar unha man para axudar e non ao pescozo para afogar a quen está aí mantendo viva unha tradición que, coa pexa que lle queren pór, vai desaparecer en pouco tempo.
Non se pode tratar igual aos Cabalos Ceibes do Monte que aos que se teñen no picadeiro ou na corte para pasear. Nin teñen o mesmo valor nin o mesmo prezo, é como se sabe, non é o mesmo valor que prezo. Os cabalos do monte valen moito e custan pouco. Valen moito por que cumpren unha función ecolóxica e     ( incluso diría que social) patrimonial que non ten prezo. Custan pouco por que non hai mercado para eles pola pouca rendibilidade en peso para canle de abasto,  e casi nula para outras labores que xa  só son testemuñas do pasado.
Preservar a  especie en liberdade ten moitos máis custes para os propietarios que beneficios, e loxicamente nesas condicións non hai quen  aguante e en  pouco tempo vai a desfacerse deles.
Marcar a ferro, obrigar ao rexistro no libro das Asociacións, seguro obrigatorio e responsabilidade da comunidade de propietarios, bastaría para acabar coa maioría dos problemas, que por outra parte sempre haberá inevitablemente como ocurre con outros casos de animais e de persoas. Botarlle toda a culpa aos cabalos é simplificar e utilizalos de chivo expiatorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario