Mañán domingo 26 de xuño celebrase o Curro de S. Cibrán, na Portavedra, Gondomar. Ás 12 da mañán iranse xuntando as burras no fondo da Chan do Cereixo, por tras da Alpuxarra para facer a parada. Despois, coa axuda de todos formarase o cordon que subirá as burras ata o curro.
En tempos dificiles para os Cabalos Ceibes do monte, botar unha man e axudar a potenciar a festa dos curros é máis necesario que nunca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario