Podemosa ver hoxe na prensa como en Allariz seguen con proxectos para pór en valor os nosos montes e tirar proveito de actividades que, noutrora, foron a fonte de vida dos nosos paisanos.
Os valores engadidos na produción ecolóxica, o mantemento do monte e os ecosistemas, o turísmo, son suficintes motores para manter a poboación na propia terra, sen emigrar, e conquerir mellor calidade de vida para os veciños.
O monte necesita de proxectos que teñen futuro e que dan beneficios múltiples, máis aló dos exclusivamente especulativos que outros tentan introducir estragando os ecosistemas e o medio ambiente.
Parabéns para os comuneiros do Monte Penamá e para o concello de Allariz por seguer a dar mostras de que hai alternativas e outros xeitos de facer política e país.
NOVAS NA PRENSA
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/08/26/concello-allariz-firma-convenio-cria-bueyes-monte-penama/574555.html
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/08/26/0003_201108O26C8999.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario