Ponte dos muíños do Calán na Valga
Xa temos o estudo do Impacto Ambiental para o parque eólico que se quere facer na raia que separa Oia do Rosal, nos cumes dos montes por riba de San Xián.http://dl.dropbox.com/u/28805604/PE%20Merendon%20Doc%20Ambl%20P%20E%C3%B3lico.pdf
Despois de botarlle unha ollada a este estudo, detectamos moitas eivas que, consideramos, falsean a realidade ou, alomenos, non din toda a verdade do que supón o impacto da construción de este parque eólico para o medio natural e o patrimonio arqueoloxico.
Só para pór un pequeno exemplp: non figuran no catalogo de expecies afectadas de mamíferos nin a lebre nin os corzos. as lebres da Valga son unha variedade galega única en perigo de extinción. Os corzos están aparecendo, xustamente, no sotobosque que está no lugar no que van os muíños, e aínda non é o suficientemente abondante como para non perigar a súa pervivencia na zona.
Co catálogo de patrimonio temos para outro capítulo do que falaremos máis adiante.
A verdade é que está permitido destruir todo o que sexa, xustificando con estudos parciais ou a medida e esquecendose de temas que non convén mentar para non asustar.
Outra ameaza máis para a serra da Groba que, de levarse a cabo, deixará de ter un dos máis grandes valores que atesoura, que é o da paisaxe natural e a armonía antrópica histórica; xunguidas son un valor sen prezo que deberíamos conservar e mellorar.
Seguiremos o tema.
Unha foto da orballiña.
Carrascos (ericas), á carón dos muíños do Calán na Valga
Ola!
ResponderEliminarRealmente non é o estudo de impacto ambiental. É o documento ambiental de inicio para que o órgano ambiental se pronuncie sobre a necesidade ou non de que o proxecto se someta a evaluación de impacto ambiental. Se decide que é necesario, faríase un estudo de impacto ambiental que aparecería en DOG e no que existiría un periodo de alegacións.
Saúdos e bo traballo!