martes, 4 de outubro de 2011

12 DE OUTUBRO: MANIFESTACIÓN CABALAR EN BAIONA

O próximo día 12 de outubro, festa das Pilares, haberá en Baiona unha manifestación en contra da obligatoriedade de implantarlle un microchip a tódolos cabalos do monte, co que iso supón en custo e perxuicios para os propietarios. Por eso apoiamos é reiteramos:
NON AO MICROCHIP NAS “BURRAS” DO MONTE
  • Por que as “burras do monte” non son gando, entendido como animales criados para tirarlle rendemento económico.
  • Por que as “burras do monte” nacen e viven ceibes, como animais salvaxes, e non se manipulan cando e como un quere, só nos Curros e con un grande esforzo e traballo de moita xente.
  • Por que as “burras do monte” xa teñan un marco identificativo, historicamente usado, que permite saber quen é o seu propietario, están rexistradas no libro das asociacións e teñen os seguros aos que obriga a lei.
  • Por que “as burras do monte” son un Patrimonio Cultural e Natural do noso país, que necesita protección para que persista e non se perda en pouco tempo. Están nos nosos montes dende hai miles de anos, como testemuñan os petróglifos, e forman parte da nosa cultura etnográfica dun xeito singular en toda Europa.
  • Por que cumpren unha función ecolóxica moi importante para os nosos montes, como desbrozadores naturais e como animal salvaxe en perigo de extinción.
  • Por que o seu valor de mercado e moi inferior ao seu valor social e, polo tanto, necesitan de medidas de protección e apoio para a súa pervivencia, nun medio suxeito a moitas presións e cambios que as levan a unha disminución paulatina moi perigosa.
  • Por que ou se crea unha figura de especial protección xa, ou desaparecen en poucos anos, co que eso suporía para o patrimonio cultural galego e europeo, que espera que algún día sexa considerado pola UNESCO Patrimonio Universal.
  • Por que nadie se opón a que se controle e regule, axeitadamente, a vida das “burras do monte” se non que se propón que se xeneralice o control mediante as Organizacións de propietarios por zonas, con un regulamento no que consten o libro de propietarios, os exemplares, os marcos e os seguros obrigatorios, segundo se está a facer xa na Serra da Groba.
  • Por que a Xunta debería propór a súa inclusión como Patrimonio Galego Inmaterial e animal salvaxe en perigo de extinción, e solicitar de Europa a súa inclusión no catálogo de especies protexidas e de especial regulamento polo seu interese patrimonial e natural.
  • Por que o microchip non vai evitar os accidentes, que son eso, accidentes e imprevisibles, se non que son as Asociacións de Propietarios xunto coas Comunidades de Montes e os Concellos, coordenados polas Consellarías de Cultura, Medio Ambiente Medio Rural, os que teñen que facer uns Plans de Ordenación do Monte nos que habitan as nosas burras para localizar e neutralizar posibles puntos negros e de conflicto, suxerindo e promovendo medidas correctoras en colaboración conxunta.
  • Por que a U.E. non obriga a pór o microchip aos cabalos salvaxes e si a protexelos, xunto co patrimonio que supoñen as súas festas tradicionais dos Curros e Rapas
  • Por todo o dito demandamos da Xunta de Galicia que axude a pervivencia da especie dos cabalos do monte derrogando a norma que obriga a colocación do microchip e axudando aos propietarios e asociacións, creando un Rexistro de Asociacións de Propietarios de Cabalos Ceibes do monte galego, e un Regulamento que acolla os usos tradicionais e as axudas para que non se extinga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario