SOS Groba comparte as súas reivindicacións e colabora na busca de unha solución para que os Cabalos Ceibes poidan seguir vivíndo nos nosos montes como estes últimos 4000 anos.
Todos/as os que compartades a nosa causa, si podedes , acudide a Baiona a esta manifestación.
Comunicado que se vai ler ao rematar a manifestación
NON
AO MICROCHIP NOS CABALOS DO MONTE
MANIFESTO
A
Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba
agradece a tódolos presentes e a tódolos asistentes a
súa participación nesta Manifestación.
Manifestación que pon en evidencia que somos moitos os que
estamos dispostos a loitar para que unha tradición milenaria e
un animal que leva anos vivíndo ceibe nos nosos montes,
prestándonos ao longo dos séculos múltiples
servizos, non desapareza. As autoridades competentes que teñen
que velar para que esto non suceda, a Xunta de Galicia, agochanse en
escusas e falsas directrices legais que o que verdadeiramente
persiguen e todo o contrario, pornos atrancos aos que aguantamos
rexamente, como dicía o poeta Celso Emilio Ferreiro, mentiras
e inxustizas de cotío, e queremos dicirlle, alto e
claro, que non imos afloxar nas nosas reivindicacións
xustas e e axustadas as leis europeas, e non a directrices
baseadas en falsas verdades ou, si queredes, mentiras a medias, para
conquerir outros propósitos ocultos que non defenden os
verdeiros intereses dos que queremos ver nos nosos montes os cabalos
ceibes e seguir levando adiante, como o fixeron os nosos devanceiros,
una tradición moi nosa, do pobo e da cultura galega, da que
nos sentimos orgullosos e que queremos legar aos nosos fillos e
netos, non só como un deber, se non que tamén como una
obriga moral de defender o que é de todos e do que non
queremos que ninguén se apropie ou deixe morrer ,
silandeiramente argallando decretos e leis que van contra o sentido
común.
.
Non queremos o microchip nas burras do monte, e por que non o
queremos?:
.
Por que as
“burras do monte” non son gando, entendido como animales criados
para tirarlle rendemento económico.
- Por que as “burras do monte” nacen e viven ceibes, como animais salvaxes, e non se manipulan cando e como un quere, só nos Curros e con un grande esforzo e traballo de moita xente.
- Por que as “burras do monte” xa teñan un marco identificativo, historicamente usado, que permite saber quen é o seu propietario, están rexistradas no libro das asociacións e teñen os seguros aos que obriga a lei.
- Por que “as burras do monte” son un Patrimonio Cultural e Natural do noso país, que necesita protección para que persista e non se perda en pouco tempo. Están nos nosos montes dende hai miles de anos, como testemuñan os petróglifos, e forman parte da nosa cultura etnográfica dun xeito singular en toda Europa.
- Por que cumpren unha función ecolóxica moi importante para os nosos montes, como desbrozadores naturais e como animal salvaxe en perigo de extinción.
- Por que o seu valor de mercado e moi inferior ao seu valor social e, polo tanto, necesitan de medidas de protección e apoio para a súa pervivencia, nun medio suxeito a moitas presións e cambios que as levan a unha disminución paulatina moi perigosa.
- Por que ou se crea unha figura de especial protección xa ou desaparecen en poucos anos, co que eso suporía para o patrimonio cultural galego e europeo, que espera que algún día sexa considerado pola UNESCO Patrimonio Universal.
- Por que nadie se opón a que se controle e regule, axeitadamente, a vida das “burras do monte” se non que se propón que se xeneralice o control mediante as Organizacións de propietarios por zonas, con un regulamento no que consten o libro de propietarios, os exemplares, os marcos e os seguros obrigatorios, segundo se está a facer xa na Serra da Groba.
- Por que a Xunta debería propor a súa inclusión como Patrimonio Galego Inmaterial e animal salvaxe en perigo de extinción, e solicitar de Europa a súa inclusión no catálogo de especies protexidas e de especial regulamento polo seu interese patrimonial e natural.
- Por que o microchip non vai evitar os accidentes, que son eso, accidentes e imprevisibles, se non que son as Asociacións de Propietarios xunto coas Comunidades de Montes e os Concellos, coordenados polas Consellarías de Cultura, Medio Ambiente Medio Rural, os que teñen que facer uns Plans de Ordenación do Monte nos que habitan as nosas burras para localizar e neutralizar posibles puntos negros e de conflicto, suxerindo e promovendo medidas correctoras en colaboración conxunta.
- Por que a U.E. non obriga a pór o microchip aos cabalos salvaxes e si a protexelos, xunto co patrimonio que supoñen as súas festas tradicionais dos Curros e Rapas
Por
todo o dito demandamos da Xunta de Galicia que axude a
pervivencia dos cabalos do monte derrogando a norma que obriga a
colocación do microchip e axudando aos propietarios e
asociacións creando un Rexistro de Asociacións de
Propietarios de Cabalos Ceibes do monte galego, e un Regulamento que
acolla os usos tradicionais e as marcas e as axudas para que non se
extinga.
CABALOS
CEIBES SI, MICROCHIP NON
Ningún comentario:
Publicar un comentario